Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de octubre de 2024

Aberto o prazo de inscrición na carreira popular de Novo Mesoiro, que porá o peche á undécima edición do circuíto Coruña Corre

A proba terá lugar o domingo 24 de novembro, con saída desde a contorna do pavillón polideportivo municipal, na rúa dos Ancares

Xa está aberto o prazo de inscrición para a carreira popular de Novo Mesoiro, que marcará o peche desta undécima edición do circuíto Coruña Corre, unha iniciativa xa clásica no calendario deportivo anual da cidade e coa que o Concello dinamiza, ano tras ano, a programación de actividades de ocio nos barrios.

A proba terá lugar o domingo 24 de novembro e, como xa é habitual, están previstos diversos percorridos tanto para as e os participantes na categoría absoluta como para as persoas inscritas en categorías inferiores (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e peques).

No caso da categoría absoluta está previsto un trazado de 5,5 quilómetros, case na súa totalidade sobre asfalto, con saída ás 10.00 horas desde a contorna do polideportivo municipal de Novo Mesoiro, na rúa dos Ancares. O percorrido seguirá, xa a continuación, ao longo da avenida de Novo Mesoiro, as rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra, para enfilar posteriormente polas sendas peonís lindeiras á rúa Illa de Sálvora e volta ás inmediacións do pavillón do barrio.

As saídas correspondentes ás categorías inferiores sucederanse de forma progresiva tras a entrega de premios ás e aos competidores na proba absoluta, que terá lugar ás 11.00 horas.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, animou a cidadanía a tomar parte na proba, "que pon o peche final a unha edición de Coruña Corre que amosou, unha vez máis, que os eventos deportivos a pé de rúa contribúen a lles dar vida aos barrios da cidade e tamén a promover os valores saudables de forma interxeracional, en todos os tramos de idade". Coruña Corre é unha das iniciativas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para promover a popularización do deporte e os hábitos de vida saudable. 

Neste sentido, as persoas interesadas en tomar parte na carreira popular de Novo Mesoiro xa se poden inscribir en liña a través da web oficial de Coruña Corre, premendo nesta ligazón. O custo da participación é de 3 euros na categoría absoluta, de balde nas categorías inferiores.

A data límite de inscrición será o domingo 17 de novembro, unha semana antes da proba.

Servizo de gardarroupa e duchas no pavillón polideportivo municipal

Cómpre lembrar que, como en todas as carreiras do circuíto Coruña Corre, o Concello habilitará un servizo de gardarroupa e outro de duchas, que estará dispoñible no polideportivo municipal de Novo Mesoiro.

Ademais, as persoas participantes na proba disporán de auga e avituallamento sólido na súa chegada á meta.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión