26 de outubro de 2016
O prazo para inscribirse na primeira proba da tempada manterase aberto ata o próximo mércores, día 2, na web municipal.
A V edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre comezará o próximo 6 de novembro e percorrerá os barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales, Matogrande, San Pedro de Visma, Oza, Ventorrillo e a contorna da Torre de Hércules.
A primeira das citas deste Coruña Corre terá lugar en Novo Mesoiro o próximo 6 de novembro, e as inscricións para a mesma poderán realizarse ata o próximo mércores. En total, as e os atletas da categoría absoluta percorrerán unha distancia de 5.535 metros dun circuíto que terá a súa saída e meta xunto ao polideportivo municipal.
A proba arrincará ás 10.30 horas e, unha vez finalice esta --cuxo peche establécese ás 11.30 horas--, comezarán as carreiras das categorías de menores: xuvenil, cadete, infantil feminino e masculino, alevín femino e masculino, benxamín e prebenxamín.
Os dorsais para a VI Carreira Popular de Novo Mesoiro poderán recollerse no propio polideportivo do barrio o sábado 5 de novembro, de 11.00 a 13.30 horas, e de 16.30 a 21.00 horas, así como o domingo 6 ata unha hora antes do inicio de cada carreira. No recinto municipal estará situado o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.15 horas.
Toda a información sobre o Circuíto Coruña Corre podes consultala na súa páxina web.
Percorrido VI Carreira Popular de Novo Mesoiro (PDF) (327 KB)
13 de decembro de 2024
22 de novembro de 2024
28 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible