Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de octubre de 2024

Abrése o prazo de inscrición do programa IV Concurso Imaxina Coruña do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2024

Os centros educativos interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web do Concello

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición no programa IV CONCURSO IMAXINA CORUÑA do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2024.

A tematica desta edición é "Auga Limpa, Futuro Sostible", unha oportunidade para que os estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais, á vez que achegan solucións creativas a un dos maiores desafíos do noso tempo: garantir o acceso universal a auga limpa e o saneamento.

Os centros educativos públicos e concertados da Mancomunidade de Municipios da Coruña*, con grupos de alumnado de ESO e bacharelato, interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web educativa do Concello, a través desta ligazón: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/xestion/actividades/listaxe

*A Mancomunidade de municipios da Coruña abrangue os concellos de: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Máis información

Pódese ampliar a información en: https://www.coruna.gal/educacion/es/programas-educativos/detalle-programa/iv-concurso-imaxina-coruna-2024-25/contenido/1453870290862?argIdioma=es

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión