18 de marzo de 2020
Por causa do estado de alarma nacional suspéndese o prazo para inscribirse no programa de prácticas formativas no estranxeiro
En canto se declare o fin do estado de alarma, fixarase un novo prazo de inscrición no Proxecto Acoreuropa IX. ESte programa permite a adxudicación de 12 bolsas, a persoas tituladas en ciclos superiores de FP, de prácticas formativas de tres meses de duración (finais de setembro a decembro de 2020) en empresas de diversos países europeos.
O programa está dirixido a tituladas/os en ciclos superiores de FP que acadasen a súa titulación en decembro de 2019 ou en xuño de 2020, incluída a FCT (Formación en Centros de Traballo), e que realizasen os seus estudos nalgún dos 9 centros docentes públicos que participan como socios no proxecto. Estes centros son o CIFP Ánxel Casal, o CIFP Escola de Imaxe e Son, o CIFP Paseo das Pontes, o CIFP Someso, o IES A Sardiñeira, o IES Eusebio da Guarda, o IES Fernando Wirtz, o IES Ramón Menéndez Pidal e mais o IES Urbano Lugrís.
O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino; e co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.
As bases da convocatoria poden consultarse aquí: Bases Acoreuropa IX
INSCRICIÓN
As persoas interesadas terán que presentar esta ficha xunto coa documentación esixida en calquera dos rexistros municipais situados no Pazo Municipal de María Pita, no Fórum Metropolitano, no Centro Ágora ou en Mesoiro:
As 12 bolsas distribúense da seguinte maneira:
Porén, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados.
As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil; e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía de 1.500 €.
O concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e coas organizacións intermediarias nos países de destino, encargarase de xestionar o programa: organizar as viaxes, buscar os aloxamentos e as empresas de prácticas e tramitar a documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial destas prácticas.
Para máis información, pódese contactar co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, no teléfono 981 184 200 ou no correo electrónico educacion@coruna.es
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible