9 de abril de 2025
Estas dúas actuacións serán o 18 e 19 de xullo e as entradas sairán á venda o venres 11 ás 18.00 horas
O auditorio do parque de Santa Margarida acollerá no mes de xullo un novo ciclo de concertos que conta co apoio do Concello da Coruña. Baixo o nome Son do Nordés, artistas de diferentes estilos daranse cita neste espazo que foi recuperado para acoller todo tipo de eventos musicais polo Goberno de Inés Rey.
As dúas primeiras confirmación son Al Bano y Romina, que actuarán o 18 de xullo, e Il Divo, que estará no auditorio o 19 de xullo. "Desde o Concello buscamos manter á Coruña como a gran potencia cultural e musical do noroeste grazas a unha programación adaptada a todo tipo de públicos e a posta en valor dos nosos espazos máis singulares, como este parque de Santa Margarida", sinalou Gonzalo Castro.
Son do Nordés nace como unha experiencia musical ao aire libre e coa finalidade de converterse nun referente en Galicia apostando por unha oferta variada e exclusiva a nivel galego. Al Bano e Romina, que anunciaron nas últimas horas as súas primeiras datas en España para este verán, ofrecerán unha experiencia moi especial para as persoas afeccionadas á música italiana, cun repertorio cheo de clásicos como 'Felicità' ou 'Ci sarà'.
Pola súa banda, a popular formación Il Divo regresará á cidade tras o seu paso polo Coliseum o pasado 2021. O cuarteto vocal fará un repaso dos seus grandes cláiscos na súa xira de 20 aniversario.
As entradas para ambas actuacións sairán á venda o venres 11 de abril ás 18.00 horas a través de www.sondonordes.com.
29 de mayo de 2025
22 de mayo de 2025
19 de mayo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible