26 de diciembre de 2024
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta, Fermín Muguruza e Kiko Veneno, entre outros
A programación de outono do Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro chega esta fin de semana ao seu final de tempada. Será o sábado 28, cun referente das artes escénicas sobre as táboas, o catalán Albert Pla, que protagoniza o concerto especial '¿Os acordáis?'.
Aos seus 58 anos, o intérprete de Sabadell volve á Coruña cun espectáculo transgresor no que o público asistente poderá gozar con cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotidianas e sorprendentes, crudas e surrealistas, nas que o verdugo é tamén vítima, a calma transfórmase en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Puro espírito Albert Pla.
O concerto, que comezará 20.30 horas do sábado e será dunha hora e media de duración, conta coa produción de Pedro Páramo, acompañado por David Ruano en imaxes e por Jordi Rins no deseño gráfico.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, convidou a cidadanía a non perder o peche do Ciclo Principal de Outono, "que unha vez máis amosou a riqueza da nosa programación escénica e artística, reforzando así a posición da Coruña como a cidade de referencia cultural a escala galega".
Castro lembrou hoxe que as últimas entradas para asistir ao concerto de Albert Pla no Teatro Rosalía de Castro xa están á venda. Pódense adquirir a través da páxina web de Ataquilla, así como no despacho de billetes da praza de Ourense (aberto de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 horas) e no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro (aberto os días de función das 16.00 ás 20.00 horas).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible