22 de noviembre de 2024
As concellarías de Deportes e Seguridade Cidadá avaliaron as previsións meteorolóxicas e optaron pola suspensión da proba para garantir a seguridade das persoas participantes
A Carreira Popular de Novo Mesoiro, última proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que debía celebrarse este domingo, 24 de novembro, queda suspendida debido á alerta amarela por fortes ventos que está prevista para esa xornada. A nova data, para a que se manterán as persoas inscritas previamente para este domingo, será o 15 de decembro.
Tras avaliar a predición meteorolóxica o Concello decidiu que a mellor opción ante a previsión de fortes ventos era a suspensión da proba, coa fin de preservar a seguridade tanto das persoas asistentes como do persoal traballador. Están previstos refachos de vento de 70 e 80 quilómetros por hora para esa xornada.
Desde o Concello da Coruña trasládase ás persoas afectadas que desculpen as molestias derivadas deste aprazamento.
Peche de parques
A alerta amarela por fortes ventos levará aparellado o peche de parques e xardíns durante a fin de semana. Salvo outra indicación posterior en caso de cambio da previsión meteorolóxica, o peche farase efectivo das 9.00 horas do sábado 23 ás 9.00 horas do luns 25. Tamén permanecerá pechada a Casa das Ciencias, por mor do peche do parque de Santa Margarida.
13 de diciembre de 2024
28 de octubre de 2024
20 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible