19 de febrero de 2024
As persoas adxudicatarias teñen ata o 1 de marzo para aceptar o espazo e recoller as chaves na Concellaría de Medio Ambiente
O Concello da Coruña publicou a listaxe definitiva de asignación de parcelas nas hortas urbanas do parque de Adolfo Suárez. En total, asignáronse nesta segunda convocatoria 38 parcelas e tres mesas, que se suman ás 49 xa en funcionamento. Tamén se estableceu unha listaxe de agarda de 62 persoas ante a gran demanda deste espazo impulsado polo Goberno de Inés Rey.
As persoas adxudicatarias teñen ata o 1 de marzo para asinar a acta de aceptación da parcela e recoller as chaves do espazo na Concellaría de Medio Ambiente, no edificio da Casa da Auga. Ademais de adxudicar as prazas vacantes, tamén se recolocaron a varias persoas adxudicatarias na primeira convocatoria polas mellores características das parcelas.
Este espazo púxose en marcha no pasado mandato e contou cun investimento de 305.000 euros, cofinanciados con fondos FEDER. Ás de Visma súmanse as hortas urbanas xa existentes nos barrios da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Eirís ofertando un total de 318 parcelas individuais, 24 mesas de cultivo individuais, 4 parcelas de uso común e 4 mesas de cultivo. O novo espazo de ecohortas do parque de Adolfo Suárez suma unha superficie de 4.478 metros cadrados, con 28 metros cadrados de superficie por parcela, e está adaptado para as usuarias e usuarios con mobilidade reducida.
O espazo conta con iluminación nos principais percorridos de acceso e paso das persoas usuarias así como a de tomas de auga compartidas para cada dúas unidades de terreo. Durante as obras instalouse, ademais, unha edificación auxiliar de 91 metros cadrados destinada a usos veciñais, así como para almacenar o material comunitario, obxectos persoais e de aseo. Tamén conta cunha pía para o lavado de calzado, ferramentas e vexetais, un composteiro común, un xardín de plantas aromáticas e tamén se reservou o espazo preciso para crear, nunha seguinte fase, un invernadoiro que tería a función de sementeiro colectivo para as persoas usuarias das hortas urbanas do parque.
14 de junio de 2024
12 de junio de 2024
11 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible