13 de agosto de 2024
Gonzalo Castro presentou o festival, que se amplía este ano un día e conta con diferentes actividades para todos os públicos
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o cartel completo do Flores Rock, que se celebrará no Barrio das Flores o venres 30 e sábado 31 de agosto. Banda Bassotti, Sínkope e Koma lideran un cartel no que o rock, o punk, o metal e o hardcore están moi presentes.
"As festas da Coruña van moito máis alá de María Pita e amosan a súa versatilidade con iniciativas como este Flores Rock, unha iniciativa que parte do Barrio das Flores e os seus veciños e que desde o Goberno de Inés Rey apoiamos activamente", sinalou Castro. O edil estivo acompañado durante o acto de presentación de David Pujales e Paula Fernández, membros da Plataforma Vecinal Barrio das Flores.
Tamén actuarán durante as dúas xornadas outras bandas como Vantroi, Perpetual, Strikeback ou Deseqilibrio Mental. Ademais, Scarecrow e Declinare, primeira e segunda clasificada da batalla de bandas do Flores Rock, tamén ofrecerán un concerto o sábado 31.
Por outra banda, o sábado 31 tamén haberá, dentro do programa do festival, o Campamento Flores Kids, con prazas limitadas. As persoas interesadas en inscribir ás súas crianzas, nadas a partir de 2019, poderán facelo en kids.floresrock@gmail.com antes do 25 de agosto. Haberá diferentes actividades lúdicas para os máis pequenos e, ás 17.00 horas, actuará A Gramola Gominola.
Ademais, haberá postos de comida para todos os asistentes durante ambas xornadas. O Flores Rock celebrarase na praza do Sol Nacente e a entrada será de balde.
Horarios
Venres 30 de agosto
Sábado 31 de agosto
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible