15 de decembro de 2023
Na mesma resolución tamén se nomean os integrantes da Comisión de Valoración
Vén de publicarse a Listaxe de persoas admitidas e excluídas no programa Bolsas USA 2024-2025 . Lembramos que a través deste programa, 35 estudantes da cidade poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos, en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión noutra cultura.
Asimesmo, faise pública a Comisión de Valoración, composta por:
De agosto de 2024 a xuño de 2025
A estadía en Estados Unidos comeza en agosto de 2024 e finaliza en xuño de 2025, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. As datas de saída e regreso varían en función do estado ou territorio de destino.
O programa inclúe estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país vivindo cunha familia residente, escolarización nun centro educativo dos EEUU (High School), organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa, tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino nos EEUU para cada participante, seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social; validación dos estudos realizados polo alumnado nos EEUU ante a Administración Educativa e asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.
Documentos relacionados
21 de xuño de 2024
14 de xuño de 2024
14 de xuño de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible