24 de julio de 2024
As concelleiras Nereida Canosa e Diana Cabanas participaron na apertura desta celebración que se prolongará ata o domingo
A XXVIII edición da Feira das Marabillas comezou este mércores cun acto de apertura no que participaron a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, e a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas. O epicentro dos festexos volve ser a Cidade Vella e a praza de María Pita, onde haberá actividades ata este domingo, 28 de xullo.
O Concello organiza xunto coa Asociación Comercial e Empresarial 'Ciudad Antigua' da Coruña (ACECA). "Este acontecemento xa forma parte do imaxinario do verán coruñés, e serve de antesala das grandes festas de agosto, as festas de María Pita", sinalou Nereida Canosa durante a apertura da mostra, celebrada na praza de Azcárraga. O evento ten orixe na Feira Franca do século XVI e retomouse no 1993 como feira de ambientación medieval. A Cidade Vella recreará A Coruña da Idade Media, con cinco días de actividades gratuítas para todos os públicos.
Ata 16 compañías artísticas participarán nesta edición, na que volverá a contarse co Recuncho das Pícaras na praza de María Pita, con atraccións e actividades pensadas para os e as máis pequenas. Entre a extensa programación destaca o encontro de música medieval que se celebrará na igrexa de Santiago hoxe, mércores 24, ás 20.30 horas, con entrada libre ata completar capacidade. A oferta da feira complétase con numerosas propostas gastronómicas, de ocio e comerciais. O horario de apertura da feira é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 0.00 horas.
A Feira das Marabillas é unhas das actividades incluídas polo Goberno de Inés Rey no extenso calendario cultural e de ocio previsto para este verán.
27 de julio de 2024
26 de julio de 2024
23 de julio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible