25 de julio de 2024
Os cinco equipos en funcionamento comezaron a recoller o lixo en puntos especialmente sensibles como as proximidades dos centros sanitarios e nos puntos críticos de insalubridade detectados para decretar a emerxencia
A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta por a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo balance esta mañá do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo.
Recollida de emerxencia
A empresa encargada da recollida de emerxencia comezou esta mesma mañá a traballar sen incidencias. Os cinco equipos en funcionamento comezaron a recoller o lixo en puntos especialmente sensibles como as proximidades dos centros sanitarios e nos puntos críticos de insalubridade detectados para decretar a emerxencia.
Incidencias
Esta noite ás 2.20 horas houbo un incendio nun contedor de papel na rúa San Rosendo coa avenida dos Mallos afectando parcialmente a un vehículo e á fachada dun herbolario. Ás 05.03 horas prodúcense varios incendios en contedores da Avenida Finisterre 183, 186 e 193, tendo que intervir os bombeiros no 183.
Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria por zonas da pasada noite
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible