Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de junio de 2024

Concello e COGAMI renovan a colaboración na inserción laboral de persoas con discapacidade

Rey e Sestayo asinaron dous convenios por un importe de 50.000 euros para programas personalizados e integrais de acceso ao emprego

A alcaldesa, Inés Rey, e Ramón Sestayo, vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), asinaron no Palacio de María Pita a renovación da colaboración entre Concello e entidade para favorecer a inserción laboral de persoas con discapacidade.

O Concello achega unha contía total de 50.000 euros, repartidos en dous convenios nominativos. Un destinado ao financiamento do servizo de intervención sociolaboral, destinada a persoas con discapacidade, por un importe de 40.000 euros; e outro de execución dun plan integral de emprego para persoas con discapacidade, por un importe de 10.000 euros. O programa de COGAMI co que colabora o Concello destaca por cubrir un itinerario personalizado e integral para as persoas que acceden a el: dende a entrevista inicial até a xestión das ofertas pasando polo asesoramento, sen esquecer o posterior seguimento de cada persoa que accede a un traballo.

Inés Rey lembrou que durante o pasado ano, tan só o 2% dos contratos de traballo que se asinaron en España corresponde a persoas con discapacidade. "Na medida das nosas competencias, da man de COGAMI e outras entidades da cidade, tentamos contribuír a pechar esta brecha de desigualdade", engadiu. Ademais, Rey destacou que o Concello foi unha das entidades locais premiadas pola Asociación Amicos na I Edición dos Premios ás boas prácticas en contratación responsable na categoría de 'Concellos de máis de 20.000 habitantes', polo compromiso coa contratación responsable a través dos procedementos de licitación, das instrucións internas e dos pregos de contratación.

Na actualidade, o Concello recolle obrigas de inserción sociolaboral de persoas e colectivos desfavorecidos en todos os pregos da contratación, como a exclusión ás empresas que vulneran a obriga de contratar un 2% de persoas con discapacidade. Ademais, o Goberno de Inés Rey incluíu xa no pasado mandato a reserva de lotes nos grandes contratos para centros especiais de emprego e empresas de inserción ou para entidades e empresas de economía social.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión