13 de novembro de 2024
Un ano máis, o alumnado coruñés de 4º de ESO terá a oportunidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato no continente americano
Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases da nova convocatoria das Bolsas Norteamérica do curso educativo 2025-26, posibilitando, un ano máis, que o alumnado coruñés en 4º ESO teña a oportunidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato en Norteamérica, co obxectivo de que as e os rapaces beneficiarios adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e tamén coñezan e vivan polo miúdo a cultura e sociedade do país de acollida.
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, incidiu en que "o Concello da Coruña foi pioneiro no establecemento destas bolsas, que abranguen agora tanto os Estados Unidos como Canadá despois do éxito que tivo a convocatoria neste último país tras a pandemia, cun alto grado de satisfacción por parte das e dos participantes".
Como xa é habitual, o prazo de solicitude das prazas abrirase ao día seguinte da publicación do extracto das bases tanto no Boletín Oficial da Provincia (BOP) como na web do Concello.
A apertura da convocatoria notificarase, chegado o momento, a través das canles oficiais do Concello.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible