8 de febreiro de 2024
Sumámonos ás actividades organizadas ao redor da visibilidade das mulleres e as nenas na ciencia
E unha desas actividades é a que organizan as Bibliotecas Municipais que pretende renderlle a súa particular homenaxe a científicas galegas que cada día traballan desde os seus campos de investigación para mellorar a sociedade na que vivimos. Para iso, a través desta actividade destacarán a 9 para reivindicar a existencia de mulleres na ciencia e dar a coñecer o seu traballo.
No marco do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, as Bibliotecas Municipais da Coruña convídanche a mergullarte na inspiradora historia de 9 mulleres científicas que deixaron a súa marca na ciencia galega.
Durante varios días cada unha das 9 bibliotecas iluminarase coa fascinante historia dunha científica galega que desafiou barreiras e conquistou o mundo da ciencia.
Tamén che pode interesar
22 de xullo de 2024
20 de xullo de 2024
19 de xullo de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible