Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2023

O Consorcio de Turismo da Coruña impulsa unha campaña en Málaga e Valencia para ‘outonizarse’ na cidade galega de forma gratuíta

En total sortearanse oito billetes de ida e volta: catro con orixe en cada cidade participante

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, impulsa unha campaña en redes sociais para viaxar á cidade galega desde Málaga ou Valencia e de forma totalmente gratuíta. Como? A través dun sorteo cuxo premio consta dun total de oito billetes de ida e volta, catro por cada unha das cidades participantes. Así, haberá dous gañadores en Málaga e outros dous en Valencia que deberán levar acompañante.

As persoas gañadoras poderán voar á cidade herculina ata o 20 de decembro (inclusive), excluíndo o período entre o 1 e o 12 de decembro (ambas as datas incluídas). O premio non inclúe servizos extra ou complementarios, modificacións de voo ou outras compras.

Cando e como participar?

O Consorcio de Turismo fará público o sorteo a través dunha publicación nas súas redes sociais (Facebook e Instagram) o luns 20 de novembro. Así, a duración do concurso será desde esa publicación ata as 23.59 horas do 27 de novembro.

As persoas interesadas en participar deberán seguir as indicacións e requisitos do sorteo, cuxas normas estarán na páxina web oficial de Turismo da Coruña (visitcoruna.com).

Motivos para 'outonizarte' na Coruña

O outono é unha época perfecta para visitar a histórica urbe franqueada polo Atlántico e a milenaria Torre de Hércules, único faro romano aínda en funcionamento declarado Patrimonio Mundial desde 2009, e que ademais conta co paseo marítimo máis longo de Europa continental, de 13 quilómetros de percorrido.

Ademais, é unha oportunidade única para todas as persoas interesadas na moda, a fotografía ou o mundo audiovisual xa que poderán visitar a exposición 'Helmut Newton - Fact & Fiction' da Fundación MOP; sen esquecerse, por suposto, de coñecer e saborear a cidade a través da súa afamada gastronomía e arquitectura.

Documentos:

Normas sorteo - 'Otoñízate' na Coruña desde Málaga (99 KB)

Normas sorteo - 'Outonízate' na Coruña desde Valencia (99 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión