27 de novembro de 2024
O lema da edición 2024 é: "A Cidade Educadora como laboratorio de aprendizaxes, cidadanía e transformación social".
Nun mundo cada vez máis urbanizado, as cidades xogan un rol crucial á hora de xerar oportunidades educativas que permitan desenvolver o potencial de todas as súas persoas habitantes.
As Cidades Educadoras apostan por crear contextos urbanos máis inclusivos, promovendo unha visión ampla da educación ao longo e ancho da vida e maximizando o impacto educativo das súas políticas municipais.
O Día Internacional da Cidade Educadora, cuxa edición de 2024 se celebra, a nivel internacional, o vindeiro sábado 30 de novembro, trátase dunha celebración que ten como obxectivo crear conciencia sobre a importancia da educación e visibilizar o compromiso dos gobernos locais para situala como vector xerador de benestar, convivencia, prosperidade e cohesión social.
"A Cidade Educadora como laboratorio de aprendizaxes, cidadanía e transformación social", o lema da edición de 2024
Os nosos municipios convertéronse en verdadeiros laboratorios de aprendizaxes onde cada recuncho ofrece oportunidades para o coñecemento e a innovación. Ademais das bibliotecas, museos, teatros, centros comunitarios e deportivos, os parques, prazas e rúas da cidade tamén poden devir aulas ao aire libre onde se fomente o intercambio de ideas e experiencias.
En definitiva, a infinidade de aprendizaxes que se dan nos nosos pobos e cidades, móstrannos que son unha grande aula que nunca deixa de ensinar e transmitir coñecementos e valores. E estas aprendizaxes que se derivan, que contribúen a formar unha cidadanía consciente, corresponsable e activa, as Cidades Educadoras, queremos poñelas ao servizo da transformación dos nosos municipios para convertelos en lugares máis inclusivos.
Por iso, o lema para a edición da celebración do Día Internacional deste ano 2024 é: "A Cidade Educadora, laboratorio de aprendizaxes, cidadanía e transformación social".
Celebración do Día Internacional da Cidade Educadora
O Concello da Coruña, como socio da Rede de cidades educadoras, únese á celebración do Día da Cidade Educadora e destaca a oportunidade deste acontecemento para reflexionar sobre as oportunidades de aprendizaxe que as nosas cidades ofrecen e mostrarlle ao mundo o noso compromiso coa educación cidadá e a construción dun futuro mellor.
Perspectivas de persoal experto
Algúns vídeos inspiradores de persoas expertas destacadas que exploran o lema deste ano: «A Cidade Educadora como laboratorio de aprendizaxes, cidadanía e transformación social».
Yayo Ferreiro | Antropóloga, educadora social, profesora e activista ecofeminista
Tim Gill | Escritor e consultor especialista en xogo e mobilidade infantil
Máis información na web do Día Internacional da Cidade Educadora: https://www.edcities.org/dia-internacional-2024/
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
13 de novembro de 2024
23 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible