Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2024

‘El espíritu de la colmena’, de Víctor Erice, pecha a primeira edición do ciclo As Mellores Películas da Historia

A proxección será o xoves 13 e contará cun coloquio posterior de Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia

O ciclo de cinema As Mellores Películas da Historia pecharase este vindeiro xoves, 13 de xuño, no Teatro Colón coa proxección de 'El espíritu de la colmena', de Víctor Erice. Este evento, promovido polo Goberno de Inés Rey, recupera para o cine un dos primeiros espazos da cidade onde se fixeron proxeccións.

A película, como o resto das que se proxectaron neste ciclo, emitirase en versión orixinal e con formato de 35 milímetros. A película forma parte da listaxe de cen mellores filmes da historia do cinema da prestixiosa publicación británica Sight & Sound e está situada no número 84. A proxección comezará ás 19.30 horas e as entradas xa están á venda a través de Ataquilla a un prezo de 5 euros.

'El espíritu de la colmena' narra como o cinema chega a un pequeno pobo e dúas irmás quedan fascinadas cunha proxección de 'Frankenstein'. Ana, a pequena, comeza a confundir realidade e ficción. Esta foi a primeira película de Víctor Erice e está considerada polos críticos a mellor da historia do cine en España.

Para analizala está convidado Jaime Pena, programador da Filmoteca de Galicia. Pena é crítico cinematográfico para diferentes medios nacionais e internacionais e forma parte do consello de redacción da revista Caimán Cuadernos de Cine. Ademais, é autor dun libro sobre 'El espíritu de la colmena' e o pasado ano foi comisario do ciclo 'Ecos de un espíritu' que conmemoraba o 50 aniversario da estrea do filme no Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión