29 de junio de 2024
Os traballos comezaron o martes na rúa Fanny Garrido, e continuarán durante nove meses. O Concello destina case 600.000 euros a esta intervención, que inclúe a plantación de máis arboredo no interior do barrio
O Concello puxo en marcha esta semana as obras para mellorar a accesibilidade entre Peruleiro e a rúa Barcelona, unha intervención que suporá un investimento de case 600.000 euros e afectará á totalidade das rúas Fanny Garrido e Julia Minguillón. Ademais, tamén se reurbanizarán varios treitos de Manuel Deschamps, Almirante Mourelle e Páramo.
A remodelación deste percorrido permitirá gañar espazos peonís e ampliaranse os dispoñibles actualmente. As beirarrúas pasarán a contar cun ancho mínimo de 1,80 metros e, ademais, tamén se renovarán os materiais delas, que contarán con pavimentos diferenciados para facilitar o paso das persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.
Como paso previo, o Concello tamén acometerá a renovación das redes de saneamento, onde as antiguas tubaxes de gres se substituirán por novos colectores de PVC, máis seguros fronte a hipotéticas fugas. Desta forma, o circuíto de recollida de augas na Agra do Orzán vai adaptándose, pouco a pouco, aos estándares xerais de infraestruturas de canalización que se está a impulsar en todos os barrios da cidade.
Ao abeiro da intervención, o Goberno de Inés Rey tamén ten previsto plantar máis arboredo ao longo do percorrido que se remodelará, onde se instalará novo mobiliario urbano sempre e cando o espazo público dispoñible así o facilite.
A rúa Fanny Garrido, punto de partida dos traballos
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, explicou hoxe que "o feito de comezar as obras especificamente neste treito vén dado pola importancia de aproveitar as intervencións previas xa executadas na contorna". Cómpre lembrar que o Goberno de Inés Rey acometeu o ano pasado a substitución dos antigos colectores de aguas residuais e pluviais no treito da rúa Manuel Deschamps que vai cara a Almirante Mourelle.
Por iso, e co obxectivo de avanzar na renovación da rede de saneamento deste sector, o pasado martes comezaron as primeiras escavacións e sondaxes na rúa Fanny Garrido, perpendicular a Manuel Deschamps.
Neste sentido, e coa idea de minimizar as alteracións no tránsito das e dos residentes, en Fanny Garrido seguirá habilitado o acceso aos garaxes.
Un plan para ampliar os espazos públicos no barrio da Agra do Orzán
A alcaldesa, Inés Rey, insistiu hoxe na necesidade de dotar a veciñanza da Agra do Orzán de máis espazos públicos, ampliando os espazos peonís atendendo ás especificidades do barrio en materia urbanística. "Pola súa densidade poboacional e tamén pola súa propia configuración, con rúas moi estreitas, falamos dunha intervención moi necesaria, que, entendemos, fará máis accesibles diversas rúas do barrio", expuxo.
Neste sentido, a rexedora destacou a importancia de seguir avanzando "paso a paso" na remodelación do circuíto de rúas interiores da Agra do Orzán, un plan de continuidade que tamén inclúe a humanización parcial da rúa homónima, unha medida que afectará ao treito comprendido entre as rúas Meira, Entrepenas e Pascual Veiga, e que dará resposta a unha iniciativa aprobada nos Orzamentos Participativos. As obras xa están licitadas e suporán un investimento específico de 147.549 euros.
16 de julio de 2024
15 de julio de 2024
14 de julio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible