16 de noviembre de 2024
É a segunda superficie deste tipo que habilita o Concello no que vai de semestre, tras a creada previamente na praza do Parque, en Orillamar. Ademais, tamén nas últimas semanas, ampliouse o biosaudable de Palavea
O Concello puxo en marcha esta semana as obras de construción da nova área biosaudable do parque Europa, un espazo que lles permitirá ás persoas usuarias practicar exercicio físico e tonificación muscular nestas instalacións ao aire libre.
Tal e como se informou semanas atrás, a área biosaudable do parque Europa estará situada no seu espazo sueste, onde xa é visible o valado perimetral que acouta as tres zonas individuais onde se habilitarán os novos equipamentos deportivos, ideados para traballar a flexibilidade, mobilidade articular e o control postural. Tamén haberá bicicletas de elíptica e máquinas de dominadas e press sentado, por exemplo.
En total, a Concellaría de Infraestruturas e Mobilidade prevé que se dará uso a unha superficie de 140 metros cadrados, delimitada cun firme de caucho, fundamental para reforzar a seguridade das e dos usuarios.
A concelleira Noemí Díaz lembrou que a creación deste espazo responde ao plan de mellora e reforzo das infraestruturas deportivas nos barrios que impulsa o Goberno de Inés Rey, que nos últimos meses xa supuxo a construción doutra área biosaudable na praza do parque, en Orillamar, e a ampliación da existente na praza Padre Busto, a carón do centro cívico de Palavea, onde se actuou para cuadruplicar a superficie habilitada anteriormente.
"Estas dúas intervencións en Orillamar e Palavea, ao igual que a que xa estamos a executar no parque Europa, teñen puntos en común, xa que se aproveitaron espazos públicos infrautilizados, ou nos que había unha ampla marxe de mellora, para dar resposta ás necesidades e solicitudes da veciñanza", apuntou Díaz, que explicou que a recente creación da nova área de calistenia de José Toubes, en Catro Camiños, tamén seguiu este patrón, o de lles sacar partido ás superficies de titularidade municipal para habilitar novos espazos e instalacións que fomenten a práctica deportiva e o envellecemento activo.
"As áreas biosaudables tenden a ser susceptibles de uso por persoas en idade máis avanzada, o perfil de usuaria e usuario que xustamente usa os espazos de lecer que hai no parque Europa", precisou Díaz, que estimou nun mes o prazo de execución das obras, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para o seu desenvolvemento.
12 de noviembre de 2024
10 de noviembre de 2024
8 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible