Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2024

Eneko Conde, Francisco Javier Hernández, Jesús Alberto Arronte e Alfredo Bárcena gañan o oitavo Ecorally A Coruña

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, entregou os trofeos da proba na praza de María Pita

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou este domingo na entrega de trofeos do oitavo Ecorally A Coruña, que se realizou entre o venres e este domingo en 31 concellos da provincia, sendo a praza de María Pita o punto de partida e de final da proba. Nesta edición participaron 50 equipos nas categorías FIA, Campionato de España e Trofeo Cidade da Coruña.

Tras as diferentes etapas, Eneko Conde, Francisco Javier Hernández, Jesús Alberto Arronte e Alfredo Barcena foron os pilotos gañadores. Conde gañou a Bridgestone FIA Eco Rallye Cup e o Campionato de España de Enerxías Alternativas no apartado de vehículos eléctricos; Hernández gañou o Campionato de España na categoría de vehículos híbridos enchufables; Arronte, na categoría de híbridos; e Barcena gañou o Trofeo Cidade da Coruña. O concelleiro Manuel Vázquez amosou a súa satisfacción polo grande espectáculo amosado esta fin de semana polos diferentes participantes. Así mesmo, destacou que o Goberno de Inés Rey continúa a promover diferentes competicións automobilísticas de primeiro nivel, como é o caso deste Ecorally A Coruña.

Esta edición contou con numerosos pilotos recoñecidos, como campións do mundo da especialidade, así como participantes da categoría do propio Eneko Conde, Fran Gómez Pallas ou Juan Echanove.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión