22 de outubro de 2024
Mañá, mércores 23, ás 9.00 horas, habilitarase a reserva de entradas de cara ás quendas previstas entre outubro, novembro e decembro. Será a través da plataforma de ticketing do Concello da Coruña
O Aquarium Finisterrae recupera a actividade de fin de semana 'Aventura coas focas' despois da parada a causa das obras da construción do novo sanatorio para estes mamíferos mariños, unha intervención impulsada polo Concello nas instalacións exteriores do acuario e que xa rematou a finais de verán.
Desta forma, a partir deste sábado 26 de outubro retomarase este obradoiro de divulgación científica, no que se participa na preparación dos alimentos e no que se accede ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños. A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento.
As nenas e nenos que participen na actividade deberán ir acompañados durante toda a sesión por unha persoa adulta, que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, mais require a reserva de entradas para todas as persoas participantes.
Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. No terceiro trimestre deste ano haberá 14 sesións, o que supón un total de 168 prazas.
A reserva de entradas para as sesións previstas entre os meses de outubro, novembro e decembro deste ano poderá realizarse a partir deste mércores 23, ás 9 da mañá, a través da seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/mc2/acf/
29 de setembro de 2024
22 de agosto de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible