Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de octubre de 2024

Este luns 7 de outubro volven os bailes de maiores aos Centros Cívicos Municipais

O CCM de Monelos abrirá a nova tempada con actividade cada semana dende as 17.00 e ata as 20.30 horas

Os Centros Cívicos Municipais abren unha nova tempada dos bailes de maiores, unha das actividades máis populares entre as persoas maiores da cidade. Dende este luns 7 de outubro e ate o vindeiro 17 de decembro, milleiros de coruñesas e coruñeses gozarán dos bailes promovidos polo Concello da Coruña co obxectivo de fomentar a sociabilidade entre as persoas de idade avanzada.

Nesta actividade participan cada ano preto de 18.000 persoas usuarias. O primeiro baile celebrarase este luns 7 de outubro, no Centro Cívico de Monelos, repetíndose a cita semanalmente. Ademais, os martes haberá baile no centro cívico de Labañou, os xoves no Castrillón e Eirís (en semanas alternas e comezando no Castrillón o xoves 17), os venres nos Mallos, os sábados en San Diego e os domingos en Monte Alto. O horario será sempre o mesmo: de 17.00 a 20.30 horas.

O Goberno de Inés Rey pon en marcha unha nova edición dos bailes de maiores como ferramenta para combater a soidade non desexada e favorecer o envellecemento activo. Ademais, a contratación de músicos e orquestras para dita actividade supón un revulsivo económico posto que a gran maioría reducen as súas actuacións tras a época estival.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión