Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de julio de 2024

Este xoves terá lugar a LII edición da Travesía ao Dique, un clásico do calendario deportivo anual no que o Concello colabora co Club Natación Coruña

Máis de 250 persoas están inscritas na proba, que comezará ás 11.00 horas con saída desde as instalacións de Marina Coruña nos peiraos do Náutico

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou esta mañá no acto de presentación da LII edición da Travesía ao Dique, unha cita que terá lugar este xoves 25, a partir das 11.00 horas, con saída desde as instalacións de Marina Coruña nos peiraos do Náutico.

A travesía, organizada polo Club Natación Coruña coa colaboración do Concello, conta tamén co apoio da Federación Española de Natación e a Federación Galega de Natación, ao ser unha proba puntuable tanto na IX Copa de España de Augas Abertas coma no XX Circuíto Galego de Augas Abertas.

Nereida Canosa destacou "a importancia desta proba no calendario deportivo anual da cidade", na que, ao igual que o ano pasado, está prevista a participación de máis de 200 deportistas, repartidos entre categorías alevín, infantil, júnior, máster e absoluta. Haberá tres quendas de saída: ás 11.00 as e os participantes no percorrido de 3.500 metros, ás 11.05 as e os inscritos en categorías máster na proba de 1.200 metros e ás 11.10 os alevíns e infantís, que tamén levarán a cabo un percorrido de 1.200 metros.

No acto deste martes, que tivo lugar nos exteriores de Marina Coruña, Canosa estivo acompañada por Raúl Solleiro, presidente do Club Natación Coruña, Ramón Mosquera, secretario xeral da Federación Galega de Natación, e por Boris Mosquera e Marta Martínez, en representación de Blue Leaders, patrocinador da proba.

Ademais do Concello, na organización do evento tamén colaboran Protección Civil e o servizo marítimo de Cruz Vermella, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas participantes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión