Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2024

Terá lugar esta fin de semana, 26 e 27 de xullo, no Porto da Coruña con entradas esgotadas por día e os últimos abonos á venda

Gonzalo Castro: “O Morriña é un dos festivais de referencia no Noroeste e que cada ano medra máis en nivel de artistas e capacidade de convocatoria”

O concelleiro de Cultura e Turismo interveu na presentación oficial do Festival, que este ano contará con Louis Tomlinson, Aitana, Editors, Nicki Nicole e Lola Índigo como cabezas de cartel

A Coruña acollerá esta fin de semana unha nova edición do Morriña Fest con dous días de actuacións de artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, interveu na presentación oficial do evento que definiu como unha das citas máis importantes do Noroeste peninsular: "O Morriña é un dos festivais de referencia no Noroeste e que cada ano medra máis en nivel de artistas e capacidade de convocatoria". Incidiu no retorno económico para A Coruña, destacando a positiva influencia en sectores como a hostelaría e a hospedaxe de xeito directo mais tamén a nivel de imaxe e posicionamento da cidade.

Castro destacou o nivel internacional do cartel da edición, con Louis Tomlinson e Editors como cabezas de cartel internacional xunto con artistas nacionais de gran proxección como Aitana e Lola Índigo. "Para nós é un orgullo participar un ano máis dun festival que nos ten acompañado por momentos históricos da nosa cidade. Primeiro foi a reapertura de Riazor para grandes concertos, algo que non ocorría nos últimos 30 anos, e logo a apertura dos espazos portuarios ás persoas, e que mellor facelo cun evento de gran formato nacional e internacional" sinalou.

O concelleiro lembrou o apoio do Goberno de Inés Rey para a consolidación do Festival na Coruña como unha das citas de cabeceira na axenda estival: "Hoxe o Morriña Fest é un evento plenamente consolidado e que á súa vez consolida á cidade como referente musical do Noroeste". Agradeceu a colaboración institucional da Xunta de Galicia e do Porto da Coruña, á que este ano se suma a Deputación da Coruña. Na presentación tamén interviñeron Esteban Girón, xefe de prensa de Bring The Noise, Santiago Miguélez, director de márketing de Hijos de Rivera para España e Portugal e José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

Máis de 20 artistas nacionais e internacionais

O cartel do Morriña Fest 2024 complétase este ano cunha vintena de artistas de carácter nacional e internacional, con diferentes estilos e propostas musicais. A Louis Tomlinson e Aitana súmanse como cabezas de cartel os ingleses Editors e Lola Índigo, xunto con dous dos artistas máis importantes do panorama urbano como Nicki Nicole e Yandel. Ademais, os galegos Iván Ferreiro e Íñigo Quintero tamén subirán ao escenario do Porto da Coruña esta fin de semana. 

O venres 26 de xullo, Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol abrirán o escenario do Morriña. Xa o sábado 27 de xullo será o turno de Aitana, Lola Índigo, Yandel, La La Love you, Íígo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollas Delmouni, Yeico x Toni, Garabatto, Trashi e Toni Seijas.

O Morriña Fest esgotou o total das entradas dispoñibles por día xunto cos dous primeiros tramos de abono, a 69 e 79 euros máis gastos de xestión, e os abonos para menores de 8 anos, a 49 euros. Aínda quedan dispoñibles as últimas entradas a 89 euros máis gastos na web www.morrinafestival.com/entradas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión