Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de junio de 2024

Estará dispoñible no Salón Municipal de Exposicións de Palexco ata o vindeiro 28 de xullo, con entrada de balde ata completar capacidade

Gosia Trebacz presenta a exposición AR+arte_terapias alternativas sobre a Fábrica de Armas

Na proposta participan poetas, músicos, coreógrafos e arquitectos xunto con ex alumnos, profesores e traballadores da factoría de Pedralonga

A Sala Municipal de Exposicións de Palexco acolle dende hoxe a exposición AR+arte_terapias alternativas de Gosia Trebacz, un proxecto artístico no que a artista propón unha inmersión na Fábrica de Armas. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, interveu na apertura da mostra e destacou o talento de Trebacz para innovar na súa arte. "Gosia convídanos a unha viaxe de descubrimento a través das profundidades da historia e a innovación, achegando a súa propia calidade persoal e artística", sinalou.

'AR+arte_terapias alternativas' é unha experiencia multisensorial que combina textos, fotografía, vídeo e diversas disciplinas artísticas para transmitir a esencia mesma da arte como terapia e expresión emocional. Na exposición o público poderá ver un compendio de obras que actúan como testemuña viva da historia e o espírito da Fábrica de Armas, agora xa como Cidade das TIC. "Penso que este traballo é especial, ademais de pola súa innovación e carácter rupturista, tan afincado na nosa cidade, pola influencia da pandemia que recolle tamén nesta exposición", explicou Castro.

Na proposta participan poetas como Eva Veiga, Luz Campello, Miguel Anxo Fernán Vello ou Xosé Iglesias; ademais de músicos como Silvia Penide, Leticia Rey ou Mercedes Peón. Tamén o coreógrafo Pablo Sánchez e dende outra perspectiva, os arquitectos Carlos Pita e Miguel Abelleira xunto co historiador Carlos Pereira. Súmanselle os ex alumnos, extraballadores e exprofesores da factoría de Pedralonga. Estará dispoñible no Salón Municipal de Exposicións de Palexco ata o vindeiro 28 de xullo, con entrada de balde ata completar capacidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión