11 de septiembre de 2024
Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, presentou esta actuación “única no mundo”, que terá lugar o próximo 21 de xuño
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o espectáculo sinfónico de Great Straits e a Orquestra Sinfónica de Galicia, que se celebrará o vindeiro 21 de xuño de 2025 no Palacio da Ópera. O Goberno de Inés Rey colabora neste actuación "única no mundo" que recuperará os grandes clásicos de Dire Straits.
"A Coruña é unha cidade de grandes artistas musicais e un deles é Óscar Rosende, que é a persoa que mellor emula do mundo ao mestre da guitarra Mark Knopfler", sinalou Gonzalo Castro durante a presentación de 'Dire Straits Symphonic'. O espectáculo fará un percorrido polos éxitos da banda nun formato e plantexamento únicos a nivel mundial, coa base de rock de Great Stratis e o acompañamento da prestixiosa Orquestra Sinfónica de Galicia.
Na presentación tamén estiveron presentes Óscar Rosende, líder de Great Straits, Andrés Lacasa, xerente da OSG, e José Trigueros, director da OSG para esta actuación especial. A estrea, o 21 de xuño, coincidirá co Día da Música. "A nosa Orquestra Sinfónica continúa amosando todo o seu potencial musical e unha extraordinaria maneira de adaptarse a calquera estilo e repertorio", celebrou Gonzalo Castro. Esta será a primeira vez que a OSG colabore cunha formación de rock, tras facelo anteriormente con formacións pop como Xoel López ou de música tradicional como Luar na Lubre.
As entradas para o concerto xa están á venda a través da plataforma Ataquilla e nas billeteiras da praza de Ourense e do Palacio da Ópera.
25 de mayo de 2025
24 de mayo de 2025
23 de mayo de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible