Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de setembro de 2024

Gustavo Santaolalla celebra na Coruña os 25 anos do seu disco ‘Ronroco’

O multiinstrumentista arxentino actuará no Palacio da Ópera o vindeiro domingo 29 de setembro

O recoñecido multiinstrumentista, compositor e produtor musical arxentino Gustavo Santaolalla, gañador de dous Premios Óscar e considerado un dos creadores de bandas sonoras máis importantes da historia recente do cinema, estará en concerto no Palacio da Ópera o 29 de setembro. A actuación comezará ás 19.30 horas e as entradas están á venda en Ataquilla. Será a única actuación en España ata o momento na xira internacional que está a realizar para conmemorar o 25 aniversario do seu emblemático disco 'Ronroco'. Un álbum fundamental na súa carreira que lle abriu as portas do cinema para triunfar en Hollywood.

Acompañado pola súa nova banda composta por cinco músicos multiinstrumentistas, Santaolalla repasará as 12 icónicas cancións de 'Roncoco' e interpretará as súas composicións máis populares. Cabe lembrar que o admirado artista suramericano protagonizou as bandas sonoras de películas como 'Brokeback Mountain' de Ang Lee (Óscar 2005 Mellor Banda Sonora Orixinal) ou 'Babel' de Alejandro González Iñárritu (Óscar 2006 Mellor Banda Sonora Orixinal), con quen tamén colaborou en 'Amores Perros, '21 Gramos' ou 'Biutiful'. Santaolalla, cuxa traxectoria recibiu multitude de prestixiosos galardóns (dous Premios Grammys, 17 Premios Grammys Latinos, dous Premios BATFA e un Premio Globo de Ouro), fíxose moi popular para todos os públicos por crear a música do soado videoxogo 'The Last of Us' (2013), así como da recente e exitosa serie baseada no videoxogo. O Goberno de Inés Rey continúa apostando por artistas de primeira talla mundial dentro da programación de ocio e cultura da cidade.

Por outra banda, Abraham Cupeiro, multiinstrumentista, construtor de instrumentos e compositor único en España con gran prestixio internacional, será o invitado especial do concerto. O músico galego toca preto de 100 instrumentos, pertencentes á súa colección de máis de 200 de todo o mundo e distintas épocas, dos que construíu ao redor de 50. Compartiu escenario con prestixiosas orquestras como a Royal Philarmonic Orchestra de Londres, Mahler Chamber Orchestra ou a Orquestra Sinfónica de Galicia. A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas formando parte de grupos de folk, jazz ou música antiga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión