3 de septiembre de 2024
Xa están á venda as entradas para asistir a proxección deste mércores, que comezará ás 20.00 horas
Coa chegada de setembro, o Concello retoma un dos seus clásicos da programación cultural audiovisual nos recintos municipais, o ciclo 'Documental do Mes', que volve este mércores 4 ao Fórum Metropolitano coa proxección da longametraxe 'Hágase tu voluntad', do cineasta valenciano Adrián Silvestre.
A peza, producida por Producciones del Barrio e Nanouk Films, coa coprodución de Atresmedia Cine, é o proxecto máis persoal de Silvestre, que narra o seu reencontro co seu pai, Ricardo, tras vinte anos de ausencia. Ao retomar a súa conexión, reconstruíndo os seus lazos, tamén transformarán as vidas de todas e todos os integrantes da súa familia, ao tocar de preto unha cuestión tan íntima como é o dereito do ser humano a decidir sobre o final da súa propia vida.
En maio deste ano, 'Hágase tu voluntad' chegou a España tras a súa estrea mundial no prestixioso Festival Internacional de Documentais de Thessaloniki (Grecia). A súa segunda parada foi en Barcelona, no Festival Internacional de Cinema Documental Docs Barcelona, competindo na sección oficial. Agora, A Coruña abre as súas portas a unha proposta moi humana na que se abordan as relacións familiares desde o humor e o costumismo.
Xa están á venda as entradas para asistir á sesión deste mércores no Fórum Metropolitano, que comezará ás 20.00 horas, cunha duración de 98 minutos en versión orixinal. Os pases poden adquirirse na web de Ataquilla e tamén no Fórum, o propio día da proxección. Teñen un custo de 3 euros para o público xeral, con descontos especiais para as persoas posuidoras do Carné Xove, maiores de 65 anos ou en situación de desemprego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible