2 de abril de 2024
A alcaldesa presidiu o acto de nomeamento celebrado en María Pita
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a cerimonia de ingreso no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses de 12 novos membros colaboradores. A rexedora foi a encargada de poñer as medallas da institucións a estas doce persoas, acompañada polo concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e Ana Romero Masiá e María de la O Suárez Rodríguez, presidenta e secretaria do Instituto José Cornide.
"Os a as que hoxe aquí nos acompañan sodes herdeiros da nosa condición de cidade ilustrada, vangardista e aberta, que soubo como ningunha outra da nosa contorna asumir e defender as ideas máis avanzadas e emancipadoras, a que coidou a nosa cultura e identidade, na procura de novos horizontes", sinalou a alcaldesa durante o seu discurso. O ingreso destes 12 novos membros coincide no mes do 290 aniversario do nacemento de José Cornide, figura á que da nome esta institución. Rey anticipou a celebración dun gran evento cidadán no seu terceiro centenario para honrar o seu legado.
A alcaldesa destacou o papel fundamental que desenvolve o Instituto José Cornide en defensa da propia historia. "O coñecemento coruñés está en boas mans, fortalecendo así a nosa consideración de capital social, económica e cultural de Galicia, da que somos o seu seu faro de modernidade", indicou Rey.
Os membros colaboradores que se incorporan hoxe súmanse aos 10 xa nomeados e pasarán a formar parte das distintas seccións do Instituto.
Novos membros colaboradores do Instituto José Cornide
Xosé Alfeirán Rodríguez
María José Carralero Conde
Carlos González Guitián
Beatriz López Morán
Xosé Luis Martínez Suárez
Jaime Oiza Galán
José Ricardo Pardo Gato
Xoán Antón Pérez Lema
José Manuel Sánchez Santos
Purificación Soto Arias
Ana Dorotea Tarrío Tobar
Carlos Vales Vázquez
26 de xuño de 2024
19 de xuño de 2024
18 de xuño de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible