Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2024

Inés Rey: “Comprometémonos a seguir traballando para que ningunha persoa afectada polo Dano Cerebral Adquirido quede atrás”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a lectura do manifesto polo día nacional do Dano Cerebral Adquirido, a cargo de Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a lectura do manifesto polo día nacional do Dano Cerebral Adquirido (DCA), a cargo de Juan Luis Delgado, presidente de ADACECO. "Hoxe poñemos o acento sobre unha realidade que viven tantas persoas e familias no seu día a día, loitadoras incansables nunha realidade chea de desafíos", sinalou a rexedora.

O manifesto recolle a necesidade de crear un Código DCA ao alta hospitalaria, tal e como reivindican as entidades que traballan co DCA, para proporcionar información clara e precisa sobre o estado de saúde da persoa e facilitar o acceso aos recursos necesarios para unha rehabilitación adecuada e completa.

Rey sinalou que é crucial continuar co rexistro adecuado dos casos de DCA, mellorar a recolección de datos epidemiolóxicos e avanzar nas políticas de sensibilización e prevención para garantir que cada persoa que convive con este dano teña acceso a uns servizos públicos de calidade, especializados e axeitados ás súas necesidades: "Comprometémonos a seguir traballando para que ningunha persoa afectada polo Dano Cerebral Adquirido quede atrás", concluiu.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión