1 de outubro de 2024
A alcaldesa abriu a xornada de tarde do II Encontro de Alcaldesas chamando á consolidación da presenza de mulleres líderes en todos os ámbitos
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, abriu esta tarde a xornada do II Encontro de Alcaldesas en Palexco baixo o título 'Tomando decisións para cambiar o mundo'. Rey chamou á consolidación da presenza de mulleres líderes en todos os ámbitos: "Os datos evidencian que estamos nun punto histórico no que as sociedades reclaman cambios en modelos e estruturas, adaptarse á realidade. Dar prioridade ás mulleres non é unha opción, é unha necesidade" explicou.
A alcaldesa lembrou que un dos obxectivos ODS para 2030 é acadar a igualdade e fixo referencia ás diferenzas todavía presentes non só en España senón en diferentes puntos do globo. Destacou a importancia de abrir a mirada cara os conflictos bélicos que acontecen en Afganistán, Ucrania ou Gaza e alentou ás gobernadoras a solidarizarse coas mulleres de todo o mundo: "Por diante quédanos o reto de consolidar esa xeración e na que mañá se mirarán as nosas fillas" apostillou a rexedora herculina.
Ante unha trintena de rexedoras de España e Galicia, Fabiola García enxalzou o papel que xogan as mulleres na política local, cuxa achega definiu como "fundamental e imparable" e que contribúe a crear unha realidade "cada vez máis xusta, máis equitativa e máis solidaria". A conselleira de Política Social e Igualdade asegurou que para avanzar en igualdade é imprescindible a colaboración e o traballo conxunto de todas as administracións e trasladou o compromiso e apoio da Xunta de Galicia.
A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, sinalou os avances en materia de paridade e liderado feminino e sitou España como unha das 14 economías europeas que acadaron a paridade: "Por primera vez hay una mujer presidenta del Tribunal Supremo y dos mujeres españolas en el cuadro de mandos de la UE con Nadia Calviño al frente del BEI y Teresa Ribera como vicepresidenta primera de la Comisión." Con todo, lembrou que aínda queda traballo por facer mais que esa é a liña que está a seguir o Goberno de España: "La paridad, además de ser una cuestión de justicia, supone que los países crezcan de manera más fuerte y sostenida", indicou.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible