Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Cuándo:

11 de abril de 2025

Inés Rey destaca o potencial de Julia Benedetti, patinadora olímpica coruñesa

A alcaldesa recibiu á deportista de 20 anos, unha das mellores skaters do país, e desexoulle sorte nos seus próximos retos

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu este venres no Palacio Municipal de María Pita á patinadora de 'skate' coruñesa Julia Benedetti, unha das deportistas coruñesas e nacionais con maior proxección logo de disputar o pasado ano os seus segundos Xogos Olímpicos. A rexedora estivo acompañada do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e fíxolle entrega do premio a deportista destacada do pasado 2024, premio que Benedetti non puido recoller na pasada Cea do Deporte.

"A proxección e o potencial que ten Julia seguro que nos dará a todos os coruñeses e coruñesas grandes alegrías no futuro", indicou a alcaldesa, que trasladou todo o apoio do Concello á deportista, que con só 20 anos xa participou en dúas edicións dos Xogos Olímpicos. A súa primeira participación foi nos Xogos de Tokio, con só 16 anos, facendo historia como unha das 20 deportistas mundiais e unha das dúas españolas que disputaron a primeira proba de parque na estrea do monopatinaxe como deporte olímpico, rematando a competición no posto 16. O pasado ano, nos Xogos de París, realizou unha gran rolda final, cunha puntuación de 70,27, pero dúas caídas previas impediron que accedese á final.

"Desde o Concello da Coruña buscamos que a nosa mocidade practique deporte e explore as súas habilidades grazas a unha ampla rede de instalacións deportivas especializadas que non parou de medrar nos últimos anos, con novos equipamentos para a patinaxe nas Naves do Metrosidero, a área multideporte de José Toubes ou a renovación do skatepark de Eirís", apuntou a alcaldesa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible