Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de setembro de 2024

Inés Rey felicita a Jacobo Copa polo seu título de campión do mundo de hóckey a patíns sub-19

A alcaldesa recibiu o deportista, que “garante un brillante futuro para o Liceo e o deporte coruñés”

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita a Jacobo Copa, recente campión do mundo de hóckey a patíns sub-19. O deportista coruñés acadou este título a pasada fin de semana na final entre España e Portugal, na que anotou un decisivo tanto a seis minutos para o final.

"Jacobo Copa garante un futuro brillante para o Liceo e para o deporte coruñés, que conta con importantes figuras chamadas a ser importantes no futuro", sinalou a alcaldesa. Rey celebrou tamén a aposta do Liceo polo coruñés, que formará parte do primeiro equipo esta tempada, xunto con outros deportistas da cidade como Dava Torres ou César Carballeira. "Estou segura de que o equipo fará unha gran tempada, á altura dun dos clubs históricos deste deporte", indicou a rexedora.

Inés Rey, que estivo acompañada do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou tamén o apoio que o Concello lle dá ao Liceo como parte da aposta municipal polo fomento do deporte e o hóckey en particular. "Este ano A Coruña será sede da Supercopa de España, que reunirá os mellores equipos da competición nunha nova mostra de que somos unha cidade con moita tradición e apoio ao hóckey", sinalou. A rexedora animou a cidadanía a asistir á Supercopa, na que o Liceo se enfrontará ao Barcelona o vindeiro 5 de outubro.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión