29 de novembro de 2023
A alcaldesa entregoulles os agasallos ás trece persoas cuxas imaxes formarán parte do almanaque
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a entrega de premios do Calendario Municipal 2024. As persoas autoras das 13 fotografías gañadoras recolleron os seus recoñecementos no Palacio de María Pita.
A rexedora destacou o labor deste almanaque, que "está presente na maioría das casas coruñesas e tamén en moitos lugares do mundo, xa que é costume enviárllelo a esas persoas que marcharon da nosa cidade e manteñen esa morriña e pegada coruñesa alá onde están". "O calendario municipal non é só unha viaxe pola cidade, senón tamén unha viaxe ao pasado e á historia", sinalou Inés Rey, que destacou a calidade das imaxes seleccionadas do arquivo da Deputación da Coruña.
Entre as imaxes seleccionadas este ano por un xurado no que estiveron presentes a propia rexedora, representantes dos grupos municipais e fotoxornalistas de distintos medios, destacan espazos recoñecibles da cidade como o Millennium, Alfonso Molina, a Torre de Hércules, a praia de Riazor, o Porto ou a praza de Azcárraga. As persoas autoras das imaxes recolleron uns agasallos das mans das persoas membros do xurado no Salón de Plenos, entre os que destaca un ano de acceso aos Museos Científicos Coruñeses e un libro de fotografía.
Os autores e autoras das imaxes gañadoras e que formarán parte do calendario municipal son as seguintes:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible