19 de septiembre de 2024
Puxo en valor o traballo dos concellos como administracións pioneiras na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadán
A alcaldesa interveu na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” no IV Congreso RECI, que tivo lugar en Madrid
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta mañá no IV Congreso RECI da "Red Española de Ciudades Inteligentes" que tivo lugar en Madrid. Actualmente, a rede está formada por máis de 144 municipios socios co obxectivo de abordar os retos das cidades en materia tecnolóxica e de innovación.
Rey formou parte na mesa de debate "Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050" e puxo en valor o traballo dos concellos como administracións pioneiras na integración da tecnoloxía TIC para o servizo cidadá: "na Coruña xa utilizamos a IA para o seguimento da mobilidade, algo que tamén irá dando magníficos resultados para desconxestionar o tráfico en momentos difíciles e evitar infraccións" sinalou.
Nese sentido, a alcaldesa reivindicou a administración local como peza clave no desenvolvemento tecnolóxico por proximidade á cidadanía. "Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro os municipios" aseverou, e chamou a un maior financiamento das entidades locais. "Somos imprescindibles dentro do conxunto do Estado, a pesar de que en termos de financiamento aínda teñan que ser atendidas como corresponden moitas necesidades municipais, xa que existe un déficit moi grande entre os servizos que ofrecemos e os recursos que se nos asignan" concluíu.
19 de octubre de 2024
18 de octubre de 2024
17 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible