Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de julio de 2024

Rey: “A presidencia da rede abriranos un espazo privilexiado de colaboración coas principais cidades atlánticas europeas nun momento clave do desenvolvemento da fachada marítima da cidade”

Inés Rey, nova presidenta da rede europea ‘Atlantic Cities’

A candidatura foi aclamada polas 17 cidades e áreas de Francia, Irlanda, Portugal e España, membros da rede

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi escollida esta mañá como nova presidenta para os próximos tres anos da rede 'Atlantic Cities' na 26ª Asemblea Xeral da asociación, celebrada esta semana na localidade francesa de Brest. Rey, que será a primeira rexedora coruñesa en liderar o organismo, destacou que "A Coruña ten moito que aportar a esta rede, que ten como obxectivo promover proxectos conxuntos entre as cidades da fachada atlántica e consolidar a súa influencia na orientación de políticas públicas europeas".

A alcaldesa subliñou ademais a oportunidade que supón para a cidade ser escollida para liderar a rede: "A presidencia de Atlantic Cities abriranos un espazo privilexiado de colaboración coas principais cidades atlánticas europeas nun momento clave do desenvolvemento da fachada marítima da cidade", explicou.

A alcaldesa reivindicou a elección da Coruña como mostra do liderado da cidade: "A Coruña é hoxe a principal cidade do arco atlántico, coordinando a acción e cooperación entre as grandes cidades de Portugal, Francia, Irlanda e España", sinalou. A candidatura foi aclamada polos 17 membros da rede de cidades atlánticas, con Braga e Bilbao como novos membros.

Rey liderará o Plan de Acción 2024 aprobado, xunto cos acordos recollidos na Declaración de Brest asinada con motivo da asemblea. Ademais da Coruña, os rexedores e rexedoras das cidades de Xixón, Faro, San Sebastián e Brest foron nomeados vicepresidentes e vicepresidentas. Os principais eixos son o reforzo dos lazos e posicionamento dos territorios a escala internacional co turismo sostible como modelo, e a posta en marcha dun "blue deal" a escala europea. Crearase un grupo de traballo específico sobre a gobernanza territorial do espazo atlántico para o seguimento dos proxectos europeos de desenvolvemento.

Tamén se creará un grupo específico de traballo en materia de transporte co Corredor Atlántico como eixe, co obxectivo de mellorar as redes ferroviarias no espazo atlántico. A rede participa ademais en proxectos de carácter europeo: WINBLUE, para o empoderamento das mulleres na economía azul; o POST, para o desenvolvemento do turismo sostible policéntrico; e o ESPON, sobre o desenvolvemento da macro rexión atlántica.

Ademais, a rexedora lembrou que A Coruña conta con proxectos comúns xa en marcha con algunhas cidades integradas na rede. É o caso de Las Palmas de Gran Canaria, logo do encontro mantido entre Rey e Darias o pasado mes de marzo; ou o SeaLabHaus, proxecto liderado pola Universidade da Coruña e que reúne a 12 cidades do arco, entre as que destacan Brest e Faro.

Atlantic Cities

A rede Atlantic Cities, fundada o 7 de xullo do ano 2000 coa Declaración de Rennes, é unha organización sen ánimo de lucro destinada a promover a cooperación entre as cidades da rexión atlántica.

O obxectivo principal é apoiar un desenvolvemento común para as cidades do arco atlántico, servindo de intercambio de experiencias entre cidades similares en materia de turismo e planificación urbana.

Representa a unha poboación de máis de 3 millóns de habitantes ante a Unión Europea e está formada por 17 cidades e áreas urbanas de catro países europeos (Irlanda, Francia, España e Portugal): Biarritz, Bilbao, Braga, Brest Métropole, Cork, A Coruña, San Sebastián, Faro, Gijón, a Deputación Foral de Gipuzkoa, Lisboa, Rennes Métropole, a Comunidade urbana da Rochelle, Las Palmas de Gran Canaria, Santander, Santiago de Compostela e Viana do Castelo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión