Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2024

Estará aberto ate o vindeiro 6 de xaneiro, todos os días de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas

Inés Rey: “O gran Sito Sedes permanecerá desde hoxe para sempre neste Belén Municipal, poñendo a bailar a todos e todas coa súa música”

A alcaldesa, acompañada da familia de Sito sedes, presidiu a apertura do Belén, que estivo amenizada polo Coro Cantabile

O Concello da Coruña inaugurou hoxe o Belén Municipal de Nadal no Salón de Plenos, unha das tradicións do nadal coruñés. Este ano o Concello réndelle homenaxe a Sito Sedes, referente da música galega, incluindo a súa figura á nómina de persoeiros coruñeses do Belén Municipal. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu a apertura acompañada de Carlos e Montserrat Sedes, fillos do cantante; María Salgado, parella; e demais amigos e familia: "O gran Sito Sedes permanecerá desde hoxe para sempre neste Belén Municipal, poñendo a bailar a todos e todas coa súa música eterna".

Sito Sedes, coñecido pola súa presenza nas festas populares e polas súas interpretacións inesquecibles, foi definido pola alcaldesa como "moito máis que un cantante de orquestra... a verbena é símbolo de felicidade, e Sito non só personificaba ese espírito festivo, senón que divulgaba esa identidade tan coruñesa". A incorporación de Sito Sedes ao Belén é un recoñecemento ao seu papel na cultura popular e á súa capacidade para unir xeracións ao redor da música: "Sito era un símbolo de ledicia. Foi un fillo de Ferrolterra que fixo da Coruña a súa casa e que se converteu nun embaixador do noso espírito máis festivo".

Destacou o significado desta homenaxe, lembrando que "desde hoxe o Belén Municipal se amosará aínda máis animado do habitual sumando á lista de persoeiros a un cantor do pobo. Un símbolo de ledicia admiradísimo na Coruña, especialmente nos seus barrios, e que por desgraza nos deixou neste 2024 que vai rematando".

O Belén Municipal estará aberto ate o vindeiro 6 de xaneiro, todos os días de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro abrirase só en horario de mañá. O 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, en horario de tarde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión