8 de abril de 2021
A rexedora asistiu á toma de posesión de José Miñones como novo delegado do Goberno
A alcaldesa, Inés Rey, acudiu hoxe á toma de posesión do novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acto ao que asistiu tamén o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, entre outras autoridades. Inés Rey desexou "a mellor das sortes nesta nova responsabilidade como delegado do Goberno e brindoulle todo o apoio e colaboración institucional desde a Administración Local que dirixe".
Ao mesmo tempo, a rexedora gabou o traballo de Javier Losada e agradeceulle a súa colaboración co Concello e co Goberno local.
A toma de posesión tivo lugar no salón de actos da sede da Delegación do Goberno en Galicia, despois de que Miñones fose nomeado polo Consello de Ministros do pasado 30 de marzo.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible