16 de noviembre de 2024
A alcaldesa presidiu a entrega da XXXVII edición dos premios ás persoas gañadoras das diferentes categorías
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá a entrega da XXXVII edición dos Premios Prismas, organizados polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos. O xurado premiou cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novo medio, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxecto singular, Proxecto de sensiblización e divulgación sobre os océanos e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma Especial do xurado, recibiron un premio de 4.000 euros.
"Os Premios Prismas son un referente para a comunicación e divulgación científica en España", indicou a alcaldesa, reivindicando A Coruña e o traballo da rede de Museos Científicos como "buque insignia da divulgación e verdadeira contra-armada científica" para as novas xeracións. Ao longo da súa traxectoria, que comezou sendo un certame para vídeos científicos, foi incorporando e actualizando as modalidades do premio.
Nesta convocatoria, con motivo do 25 aniversario do Aquarium Finisterrae e considerando un dos temas ambientais que máis preocupan, incluíuse por primeira vez a modalidade de Proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos. "Este museo, que naceu coa paixón de aproximar o mar á cidadanía e de protexer o noso patrimonio mariño, representa un emblema para a Coruña, unha parte fundamental que explica a nosa identidade" sinalou Rey.
A rexedora trasladoulle os parabéns ás persoas premiadas e destacou o "alto nivel" das propostas, agradecendo nese sentido o traballo ao xurado. Este estaba presidido por José María Montero e composto por persoas expertas como Almudena Martín Castro, Laura Rodríguez García e María Cristina Naya Riveiro, e o director técnico da Casa das Ciencias, Marcos Pérez Maldonado.
Persoas galardoadas cos Prismas de Bronce 2024
O premio Prisma Especial do Xurado foi entregado a Gema Revuelta e Vladimir de Semir pola súa labor formativa ao longo de 30 anos no Master de Comunicación Científica, Médica y Ambiental da UPF Barcelona School of Management.
Outorgáronse ademais tres mencións honoríficas: En proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos, a Triloxía Microalgas, de Xulia Pisón Egea; en Artigo xornalístico, a El año en que no se consiguió frenar la minería submarina, de Tania Alonso Cascallana para Carrodecombate.com e en traballo en Radio, a Océanos de calor, de Mabel Montes Rama e Ramiro Santos Díaz para Atmosféricos de Radio Galega.
24 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible