30 de octubre de 2024
A alcaldesa destacou a diversidade e a esixencia do deporte coruñés para acadar grandes éxitos coma este
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita ás xogadoras e corpo técnico de Fillas de Breogán tras proclamarse campioas do campionato Paneuropeo de fútbol gaélico feminino na categoría 'Intermediate'. A rexedora felicitounas por este segundo campionato europeo, que xa acadaran no ano 2019. Fillas de Breogán gañaron o torneo ante Nantes por 10-8.
"Este novo éxito do deporte coruñés amosa o diverso que é o noso tecido deportivo e o esixente que é en todas as competicións nas que participan os seus conxuntos e deportistas", sinalou a alcaldesa. As integrantes de Fillas de Breogán compartiron con Inés Rey as súas impresións sobre o torneo e de cara á presente tempada, na que esperan competir polo título de campioas de liga.
Este triunfo supón un novo éxito da entidade, que é todo un referente a nivel galego. Ademais, Fillas de Breogán conta con tres campionatos de liga, tres Copas de Galicia, o trofeo All Galicia e tres Torneos Ibéricos.
"Desde o Concello cremos que grazas á nosa ampla e renovada infraestrutura deportiva contribuímos enormemente nestes éxitos, acompañando a clubs e deportistas na súa preparación e competición", indicou Rey. O campionato Paneuropeo tivo como sede A Coruña no ano 2022, celebrándose en diferentes instalacións deportivas de titularidade municipal, como a cidade deportiva Arsenio Iglesias, e contando coa colaboración do Concello na organización.
23 de octubre de 2024
22 de octubre de 2024
19 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible