Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de diciembre de 2024

Inés Rey reivindica o comercio de proximidade no acendido de luces de Nadal do Mercado de Elviña

Serafina Pasandín, Dorinda Rocha, Estrella Rodríguez, Esther Barba, Esther Alvedro e Amelia Villar foron as protagonistas da cerimonia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá o tradicional acendido das luces de Nadal do Mercado Municipal de Elviña xunto con Leonardo Tomé, presidente da Asociación do Mercado de Elviña, a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas; e as seis praceiras xubiladas protagonistas do acendido: Serafina Pasandín, Dorinda Rocha, Estrella Rodríguez, Esther Barba, Esther Alvedro e Amelia Villar. "Protagonistas deste mercado, da súa vida pero tamén protagonistas deste barrio" sinalou Rey.

Así mesmo, destacou a importancia de poñer o foco nas mulleres do mercado: "Todas representades ese esforzo, ese sacrificio e esa paixón de moitas mulleres loitadoras que cando non había cuotas nin visibilidade traballaban sacrificando horas para a familia". Tamén reivindicou os mercados municipais como "lugares especiais que fan cidade dende o barrio" e a importancia de mercar de proximidade, xunto co esforzo do Concello para dinamizar os mercados municipais neste Nadal coa decoración floral e incentivar a compra de barrio. 

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión