9 de mayo de 2019
Do 8 ao 10 de maio recibimos na cidade ao alumnado do agrupamento de escolas Mário Cardoso.
O Concello da Coruña é unha das cidades integrantes do Eixo Atlántico. A súa comisión de Educación e Cultura promoveu a realización de intercambios escolares entre cidades galegas e portuguesas durante o primeiro se mestre do ano 2019.
O curso 2018-19 o intercambio faise coa cidade de Guimarães. O alumnado do agrupamento de escolas Mário Cardoso visita a nosa cidade os días 8, 9 e 10 de maio. Na seguinte semana, do 13 ao 15 de maio, o alumnado de 6º do CEIP Manuel Murguía acudirán á cidade portuguesa.
O xoves 9 de maio, a Concelleira de Xustiza Social e coidados, recibiu no salón de plenos ao alumnado que participa no intercambio, para a posteriori iniciar un itinerario guiado pola cidade. O alumnado visitará tamén os museos científicos e distintos lugares da cidade.
18 de octubre de 2024
16 de octubre de 2024
14 de octubre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible