4 de outubro de 2022
Máis de 1.500 persoas participaron no Maratón Atlántica e a 10K paralela
Un maratón de fotos para rememorar Coruña42. Xa podes gozar das mellores imaxes da carreira, que mostran sensacións e sentimentos que evolucionan nun percorrido de 42 quilómetros. A alegría de ser finisher e comprobar, ao cruzar a meta, que o esforzo valeu a pena. Porque no Maratón Atlántica, acabar a carreira merece unha medalla.
Por iso, todas as persoas que completaron a novena edición recibiron o seu metal gravado co tempo co que atravesaron a liña de chegada en María Pita. Atrás, no camiño, deixaron o mar ('Corre co Atlántico aos teus pés', como reza o lema), que foi testemuña do seu paso, atraverason as rúas da cidade e gozaron do dobre pracer de alcanzar a meta despois de transitar polas emblemáticas rúas do centro da Coruña, un final que se recuperou este ano e que emocionou a quen completou Coruña42 e a 10K.
Agora, todas esas instantáneas que deixou Coruña42 podes recuperalas coa galería fotográfica que che ofrecemos dunha edición que quedará para o recordo. E non só iso. Tamén terás á túa disposición as mellores imaxes da Mini Atlántica Coruña42, que o Concello da Coruña organizou para menores de idade, e a feira do corredor, a Exporunning.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible