27 de noviembre de 2024
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, apuntou que con esta normativa búscase "garantir certa coherencia estética nas actuacións previstas para manter o espírito da nosa cidade"
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, deu conta hoxe dos aspectos máis destacados aprobados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local.
Entre estes asuntos destaca a nova a ordenanza de Sistemas de Illamento Térmico Exterior (SITE), coa que o Goberno de Inés Rey busca establecer un marco regulador e tamén as condicións para intervir nas fachadas dos edificios á hora de implantar sistemas que incrementen a súa eficacia enerxética.
Neste sentido, a ordenanza estipula requisitos específicos para aqueles edificios que estean catalogados e tamén para os que, pese a non estar catalogados, contan nas súas fachadas con elementos de singular protección.
No caso dos edificios catalogados destácase que, con carácter xeral, non se permitirá instalar sistemas de illamento na cara exterior das fachadas dos edificios. Si haberá excepcións no caso, por exemplo, de intervencións que afecten a muros medianeiros, ás fachadas traseiras ou ás fachadas que dean a patios traseiros ou de quinteiro. Ademais, nos edificios situados no ámbito PEPRI, a concesión de licenza para intervir nas fachadas para acometer melloras de eficiencia enerxética deberá someterse ao ditame previo da Comisión Asesora.
No relativo ás intervencións de SITE en edificios non catalogados, o proxecto de ordenanza establece que, en xeral, permitiranse as actuacións sempre e cando o proxecto e tamén a intervención atendan a factores como o mantemento da composición e o cromatismo existente na fachada.
Ademais, as fachadas dos edificios que conten con elementos pétreos ou cerámicos que formasen parte do proxecto arquitectónico orixinal deberán reproducirse na actuación.
Lage precisou que "con esta medida, o Concello non pretende poñer trabas nin burocracia ás intervencións de mellora en materia de eficiencia enerxética, senón establecer as pautas necesarias e garantir a calidade arquitectónica da cidade, que xa é rica de por si e, por iso, debemos facer todo o posible por conservala, porque hai espazos, núcleos e barrios da Coruña que teñen a súa identidade. Trátase, á fin e ao cabo, de garantir certa coherencia estética nas actuacións previstas para manter o espírito da nosa cidade".
19 de noviembre de 2024
13 de noviembre de 2024
8 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible