30 de outubro de 2024
Desta forma, o Concello avanza para dotar á instalación de todos os servizos necesarios tras a remodelación do edificio, xa reaberto á cidadanía
A Xunta de Goberno Local, convocada este mércores en sesión ordinaria, aprobou a saída a licitación do contrato de concesión da cafetaría do Centro Participativo Municipal do Birloque, reaberto recentemente tras os traballos de reforma impulsados polo Goberno municipal.
"Foi unha intervención na que o Concello levou a cabo un investimento de 929.000 euros, moi necesaria para reordenar o Centro co obxectivo de modernizalo para o seu uso social, cultural, educativo e veciñal, facelo máis funcional e accesible, máis cómodo para os usuarios e usuarias, e dar así un mellor servizo", explicou hoxe a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa.
Unha das tarefas pendentes era licitar o servizo da cafetaría na instalación, que estará en marcha nos vindeiros días. A recuperación da cafetería era un compromiso do executivo local para dar un mellor servizo ao barrio.
O proceso de licitación comezará proximamente, nada máis se publique o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no perfil do contratante do Concello.
26 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible