2 de abril de 2025
A recollida de dorsais habilitarase o sábado 5 no Cuatro Caminos Centro Comercial, novo patrocinador oficial do circuíto Coruña Corre para esta tempada. Tamén se poderán recoller o domingo pola mañá no Liceo La Paz
Últimos días de preparativos de cara á segunda carreira popular desta tempada do circuíto Coruña Corre, que chega este domingo 6 aos barrios de Matogrande e Xuxán, con máis de 1.700 persoas confirmadas tras o peche de inscricións.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou novamente a importancia do Coruña Corre no calendario deportivo anual da cidade: "É un programa fundamental para promover os hábitos de vida saudables entre persoas de todas as idades e estamos a ver como estas boas prácticas pasan de xeración en xeración", dixo Vázquez, que puxo en valor as probas en categorías inferiores que hai en cada carreira (sub-18, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e peques), "que axudan a crear canteira de cara ao futuro".
Ademais, Vázquez subliñou hoxe que "unha das prioridades desta edición é potenciar e mellorar a experiencia como usuarias das persoas que participan no circuíto, sexa en carreiras individuais ou no conxunto da tempada. Queremos estar máis preto das e dos deportistas, contando co seu feedback para dar un paso máis no pulo ao Coruña Corre".
Cuatro Caminos Centro Comercial, novo patrocinador do circuíto
Unha das grandes novidades da carreira popular de Matogrande-Xuxán será a incorporación dun novo patrocinador ao circuíto. É Cuatro Caminos Centro Comercial, que abrirá a colaboración co Concello acollendo este sábado 5 a entrega de dorsais nas súas instalacións.
As persoas inscritas que precisen recoller o seu dorsal poderán facelo no Cuatro Caminos Centro Comercial de 11.00 a 20.30 horas, de forma ininterrompida.
Tamén se poderán recoller o domingo 6, o propio día da carreira, no colexio Liceo La Paz, desde as 9.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha das probas.
Cómpre lembrar que a xornada en Matogrande-Xuxán comezará ás 10.00 horas na contorna da gran praza central de Xuxán, onde arrincará a carreira en categoría absoluta, á que a seguirán as probas en categorías de base.
10 de abril de 2025
6 de abril de 2025
5 de abril de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible