5 de octubre de 2022
Co obxectivo de dar a coñecer esta nova iniciativa, o próximo xoves 13 de outubro, ás 10.00 horas realizarase unha sesión informativa en liña
O Departamento de Educación do Concello de Coruña promove para este curso escolar 2022/2023 a posta en marcha do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC), tras a experiencia e a proposta trasladada no Pleno Infantil do pasado novembro de 2021. O CLIAC é tanto un proceso como un programa de participación infantil dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria dos centros da Coruña, que se desenvolverá nos próximos meses.
Este proceso comezará liderado polo profesorado, que co apoio dunha guía didáctica traballará nas aulas contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar a participación cidadá e recoñezan a súa capacidade como axentes de cambio. Logo abrirase un proceso de candidaturas que culminará coa constitución formal do propio Consello Local da Infancia da Coruña, o CLIAC. Este será o órgano dende o que nenas e nenas, representantes da infancia, lle trasladen periodicamente ao concello necesidades, propostas ou suxestións sobre aquelas cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación.
Co obxectivo de explicar en detalle este proceso e resolver calquera dúbida, realizarase unha sesión informativa en liña que terá lugar o próximo xoves 13 de outubro, ás 10.00 horas.
Documentos relacionados
20 de noviembre de 2024
20 de noviembre de 2024
15 de noviembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible