Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de noviembre de 2024

Noemí Díaz, no Día das Vítimas de Violencia Viaria: “A concienciación e o traballo preventivo a escala interxeracional poden axudar a evitar a perda de vidas”

A concelleira, que participou hoxe no acto en lembranza das vítimas, subliñou que o Concello continuará a impulsar o seu plan de melloras e reforzo da seguridade viaria, con intervencións xa previstas na estrada dos Fortes

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, participou hoxe no acto en memoria das vítimas de violencia viaria, unha iniciativa coa que, cada ano, "lembramos a importancia de seguir traballando por unha cidade onde as persoas sexan o centro de tódalas políticas, facendo finca-pé na maior seguridade peonil".

O acto, que tivo lugar nos accesos ás dependencias municipais de Mobilidade na estación de autobuses, contou coa asistencia da concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montserrat Paz, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da presidenta da asociación STOP Accidentes, Jeanne Picard, que participaron no minuto de silencio e ofrenda floral en lembranza das vítimas.

Na súa intervención ao comezo do acto, Noemí Díaz lembrou que "tras as estatísticas hai vidas humanas" e subliñou que "esa mensaxe é na que debemos seguir insistindo, trasladándoa a escala interxeracional".

Neste sentido, a concelleira apuntou que o Concello, en colaboración coas asociacións veciñais e tamén co apoio de entidades como STOP Accidentes, está a impulsar medidas orientadas á mellora da accesibilidade universal e reforzo da seguridade viaria en todos os distritos da cidade, apuntando ás que se aprobaron esta mesma semana en Xunta de Goberno Local, con intervencións previstas na estrada dos Fortes, que bordea Os Rosales e é o principal punto de acceso aos colexios Calasanz e Calasancias, así como ao centro de saúde do barrio.

"Estas medidas, fundamentais, son compartidas por moitas e moitos veciños que son conscientes, por exemplo, da importancia de seguir avanzando na creación de percorridos seguros preto dos centros educativos e as instalacións sanitarias", insistiu Díaz, que destacou a implicación de STOP Accidentes á hora de implicar as novas xeracións "e concienciar sobre a importancia de traballar por unha cidade segura".

Precisamente esta semana, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, visitou o alumnado do CEIP Concepción Arenal no contexto dos actos polo programa 'Sementando Vidas', tamén con STOP Accidentes.

"Xornadas como a de hoxe e como a de onte no Concepción Arenal, de carácter divulgativo, son iniciativas moi relevantes, porque as crianzas teñen a capacidade de trasladar esta mensaxe ás e aos que xa somos adultos, facendo participes a todas e a todos desta misión. Unha misión de carácter preventivo que pode axudar a evitar a perda de vidas", lembrou a concelleira.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión