Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de octubre de 2024

Noemí Díaz sinala a importancia da colaboración público-privada para avanzar cara medios de transporte sen emisións

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade participou na xornada ‘Futuro da electrificación no transporte público urbano’

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, participou esta mañá na xornada 'Futuro da electrificación no transporte público urbano', que organiza Iberdrola xunto coa Cámara de Comercio da Coruña. A edila expuxo na súa intervención os principais retos aos que se enfronta a cidade para reducir ao mínimos as emisións do transporte público.

Díaz destacou a necesidade da colaboración público-privada e a implicación de todas as administracións para acadar os obxectivos de descarbonización que a Unión Europea actualizou no mes de maio e que suporán, no caso dos autobuses urbanos, a redución do 100% das emisións dos vehículos novos para o 2035 e do 90% para o 2030. "O transporte colectivo, ademais de sostible, debe ser eficiente e de calidade, polo que hai que ter tamén en conta a intermodalidade e para iso é necesaria a colaboración entre administracións", sinalou Díaz.

A concelleira destacou os importantes avances acadados polo Goberno de Inés Rey durante o seu mandato, fomentando a mobilidade a pé ou en bicicleta mediante a humanización de diversas rúas, a creación de novos carrís bici e a renovación integral do sistema de préstamo de bicicletas BiciCoruña, que conta con 15.000 usuarios. Ademais, respecto ao transporte urbano en autobús, destacou o éxito na implantación de Millenium QR, a forma de pago do billete que conta xa con 21.000 usuarios rexistrados.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión